luns, 1 de maio de 2017

Plantando

Gracias á profe Mary temos plantas que plantar no horto.
Pementos, tomates, pirixel, patacas e cenoiras son o contido do noso horto.


martes, 25 de abril de 2017

Preparamos o noso horto

Hoxe preparamos as nosas bancadas do horto.
Primeiro puxemos cortiza no fondo e logo terra e humus mesturando.
Todo listo para trasplantar!
Esperemos que vaian mellor que no semilleiro!

mércores, 19 de abril de 2017

Visita de Xelís de Toro

Hoxe tivemos un divertido encontro co autor do libro «O trompetista e a lúa».
Pasámolo moi ben con el. Grazas Xelís pola túa visita!

venres, 7 de abril de 2017

Obra de teatro: A consulta

Este foi o resultado da gran actuación que tiveron todas e todos os nenos de cuarto.
PARABÉNS por facelo tan ben nenos! E tamén para as familias que caracterizaron tan ben aos actores e por aportar un atrezzo tan espectacular, grazas.

mércores, 8 de marzo de 2017

Día da muller traballadora



O traballo da casa non debe ser responsabilidade dunha soa persoa 
(normalemente a muller), todas e todos temos que aportar algo.

Podemos facer as seguintes actividades:
http://www.portuigualdad.info/flash/juego_igualdad/juego_IGUALDAD.html

http://www.portuigualdad.info/flash/juego_familia/es/presentacion.html

luns, 27 de febreiro de 2017

Horto escolar

Inauguramos todos xuntos o horto,pero cada un na súa aula fixo a plantación no semilleiro.
Nós plantamos leitugas, ravos, romeu, pirixel e ourego.
Que ledos nos puxemos cando vimos que comezaban a brotar algunhas sementes!!!


Entroido 2017

Pasámolo moi ben no entroido. Soamente bastan ver as imaxes.